Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona rexistra dez ordes de afastamento e 101 consultas sobre malos tratos

Baiona rexistra dez ordes de afastamento e 101 consultas sobre malos tratos

Correo-e Imprimir PDF
25 nov. Dia internacional contra a violencia contras as mulleres
Segundo datos do Centro Sofía deste ano morreron en España a mans dos seus maridos ou ex parellas 63 mulleres.  Baiona non é allea a esta realidade, a 9 de novembro deste ano hai vixentes 10 ordes de afastamento. No centro de información á muller do Concello de Baiona nesta data realizáronse 101 consultas sobre malos tratos.

Ante a proximidade da conmemoración do Día internacional para eliminar a violencia contra as mulleres, do próximo 25 de novembro, a Concelleira de Igualdade María de los Ángeles Silva, presentou unha moción ao Pleno cunha declaración institucional que asinou por unanimidade o órgano baionés.

O contido central da proposta é unha declaración na que o Pleno manifesta a máis enérxica repulsa á violencia que se  exerce contra as mulleres. Tamén se solidariza coas