O premio estatal pretende dar pulo á loita contra a vilencia de xénero no eido municipal. Convocados polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade xunto ca Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), esta IV edición do premio tamén distinguiu aos concellos de Alcobendas (Madrid), e Casar de Cáseres. O premio é un recoñecemento aos seus proxectos de sensibilización, prevención e atención contra a violencia machista.
Baiona foi recoñecida polas "boas prácticas" en sensibilización, atención e apio ás vítimas. Nomeadamente por ter desenvolvido obradoiros e xornadas pedagóxicas dirixidas a asociacións, alumnado, persoal docente e profesionais nos ámbitos médico, social e policial.