Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Mozas entre 20 e 24 anos, principais vítimas da violencia machista en Galicia

Mozas entre 20 e 24 anos, principais vítimas da violencia machista en Galicia

Correo-e Imprimir PDF
As mozas de entre 20 e 34 anos, principais vítimas da violencia machista en Galicia - Imaxe vídeo campaña do goberno de Croacia contra a violencia ás mulleres

Muller entre 20 e 34 anos. Ese é o novo perfil da muller maltratada en Galicia. Lonxe quedan os estereotipos de que as mulleres máis vellas ou as que “tiñan outra mentalidade” eran as principais vítimas da violencia machista.

Un informe do Sergas acaba de desvelar que os casos detectados en Galicia afectan, principalmente, a mulleres mozas, primeiro as que están entre 20 e 24 anos e, logo, as que están na franxa entre 30 e 34. 

 

O pasado ano houbo 950 casos de violencia machista, polo menos, aqueles denunciados ou detectados nos servizos do Sergas. Ademais, os partes médicos revelan que un 24% dos casos foron catalogados de violencia psicolóxica; un 2% de tipo sexual e o 70%, de violencia física.

Son os datos que deu a coñecer este martes a xerente do Sergas, Nieves Domínguez,  en Comisión Parlamentaria.  Destes case mil casos, os profesionais sanitarios atribuíron á violencia de xénero, 230 corresponderon á estrutura administrativa integrada da Coruña; 110 á de Santiago; 20 á de Ferrol; 52 á de Lugo-Cervo-Monforte, 126 á de Ourense-Verín e Ou Barco; 114 á de Pontevedra e O Salnés e 196 á de Vigo.

Por idades, a taxa de violencia exercida contra a muller, por cen mil mulleres, foi de 91 entre 14 e 19 anos; 132 entre os 20 e os 24 -a máis alta-; 108 entre 25 e 29; 117 entre 30 e 34; 1128 de 35 a 39; 116 entre 40 e 44; 74 de 45 a 49; 56 de 50 a 54; 38 de 50 a 59; 24 de 66 a 64; 11 de 66 a 69 e 7,45 de 70 ou máis anos.

Críticas da oposición

Ante estes datos, os grupos da oposición criticaron o decreto que deixa fóra da cobertura sanitaria a persoas en situación de irregularidade de estancia en España o que favorece o maltrato. De feito, a socialista Carmen Acuña chegou a asegurar que cada día "morren máis mulleres a causa do terrorismo machista; e hai terror entre as maltratadas sen papeis" ou prostituídas a recorrer aos servizos sanitarios.

Acuña, ademais, sinalou na comisión o recente caso dun garda civil indultado, a petición do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, despois de que, en lugar de auxiliar a unha vítima de violencia machista, gravase a agresión e non denunciase os feitos.

Do mesmo xeito que Acuña, Eva Solla, de AGE, solicitou datos de mulleres sen papeis que acoden á sanidade en casos de violencia machista e tamén considerou que os límites de reposición de persoal sanitario ou que non se cubran vacacións ou baixas crea unha maior carga de traballo e redunda nunha peor atención aos casos de violencia machista.

Carme Adán, do BNG, salientou que, segundo datos oficiais, un 70 por cento dos casos de violencia machista non son detectados polos servizos sanitarios, e criticou que a reforma do aborto vaia a eliminar o "dereito básico" das mulleres a decidir sobre a súa vida sexual e reprodutiva.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Vídeo campaña goberno de Croacia

 


Coa colaboración do medio colaborador Galicia Confidencial