Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os nichos furados no cemiterio de Priegue en Nigrán, dividen aos veciños.

Os nichos furados no cemiterio de Priegue en Nigrán, dividen aos veciños.

Correo-e Imprimir PDF
circular

Os veciños da parroquia de Priegue, en Nigrán, están enfrontados polo cemiterio. A directiva comezou fai algo máis dun mes unhas obras que segundo denunciaron varios propietarios dos nichos, no mes de xuño, non foron informadas conforme aos estatutos da asociación. Por riba abríronlles uns buracos sen avisar que dividiron aínda máis aos dous centenares de propietarios. A obra, estimada nuns 70 mil euros, non contaría coa aprobación de tódolos propietarios que entenden que o camposanto ten outras urxencias.

 

Hai máis dun mes a xestoría encargada do cemiterio comezou unhas reformas para adaptalo á normativa vixente. "Aquí non sabemos nin quen está traballando nin nada. Non estamos de acordo con isto", sinalou Vicente García, propietario dun nicho, á cadena VIARTV. Pola súa parte, outra veciña, Milagros Abril lamentou que non se consultara previamente aos propietarios Os polémicos buracos serían para "airear" os nichos, dando saída aos líquidos e gases produto da descomposición dos cadáveres. Intervención, que estaría sustentada na normativa vixente de Sanidade.

Dos 160 propietarios, 90 xa firmaran en contra dos buracos, cifra que podería medrar a medida que outros vaian tomando coñecemento das obras. Os afectados pediron no pasado mes de xuño á directiva que administra o cemiterio a celebración dunha asemblea extraordinaria para tratar o tema. Nembargante sinalan que non recibiron resposta polo cal presentaron un recurso xudicial.

Dim lights Embed Embed this video on your site