Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Axudas económicas para libros de texto en Nigrán.

Axudas económicas para libros de texto en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Libro

O Concello de Nigrán informa que está aberta a convocatoria para as bolsas de axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados nos colexios públicos do municipio. Estas axudas poderán ser solicitadas polas familias dos nenos que reúnan os seguintes requisitos: estar empadroados en Nigrán, estar ao día do pago das taxas e impostos municipais, non superar o límite dos recursos establecidos.

 

Para solicitar a axuda os interesados deberán presentar as fotocopias do libro de familia completo, DNI dos pais, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar, nóminas, certificados de empresa, certificados de pensións, certificados do INEM e vidas laborais para os maiores de 16 anos. Para máis información diríxanse os Servicios Sociais do concello, o teléfono 986 365 000, extensión 4. O prazo para presentar as solicitudes é do 2 ao 17 de xullo.