Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños de Chandebrito alertan sobre o estado ruinoso do antigo muíño de auga das Loureiras.

Veciños de Chandebrito alertan sobre o estado ruinoso do antigo muíño de auga das Loureiras.

Correo-e Imprimir PDF
muino-das-loureiras

Membros da Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" descubriron recentemente cómo o antigo muíño de auga das Loureiras, situado en Chandebrito xa preto da parroquia de Coruxo, está practicamente derribado. Os veciños informan que posiblemente caloulle enriba unha árbore de grandes dimensións que se cortou hai poucos meses.

 

Trátase dun muíño do século XVIII construído polos veciños do actual barrio da Igrexa, e que se atopaba en ruínas ao permanecer abandonado dende os anos 1930 (caeu en desuso debido á construción nese momento dos muíños do Castro e do Regueiro, moi próximos ás vivendas).

Esta Asociación elaborou hai uns cinco anos un inventario de bens culturais sen catalogar, entre os que se incluía este muíño, documento entregado dende entón ao Concello de Nigrán e á Consellería de Cultura da Xunta, coa finalidade de que se incluísen nos catálogos de bens a protexer.

A Asociación de Veciños de Chandebrito 1807, denuncia que ningunha das administracións involucradas fixo nada ao respecto de momento, e sinalan que o devandito ben patrimonial non se contemplan no borrador máis recente do PXOM de Nigrán.

Os veciños instan ás administracións local e autonómica "a que de unha vez por todas realicen este traballo necesario, para que estes elementos do patrimonio cultural gocen dunha protección que trate de garantir a súa conservación".