Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Festa medieval en Camos e unha homenaxe ás enerxías alternativas en Panxón na clausura escolar.

Festa medieval en Camos e unha homenaxe ás enerxías alternativas en Panxón na clausura escolar.

Correo-e Imprimir PDF
festival-medieval-ceip-da-c

Un festival medieval pechou o presente curso académico no CEIP da Cruz, en Camos, materia na que os alumnos deste centro levan traballando todo ano: os castelos e as distintas construcións arquitectónicas, os cabaleiros, a liñaxe vinculada aos escudos e os distintos estamentos sociais desa época da historia foron algunhas das cousas na que estiveron a investigar e aprender os nenos do colexio de Camos. Ademais das actuacións habituais e as graduacións dos pequenos que deixan infantil e primaria, pola tarde alumnos, profesores, pais, nais a familiares, deron o derradeiro adeus ao curso ataviados con traxes medievais.

 

Pola súa parte, o CEIP de Panxón despediu o ano lectivo cunha homenaxe ás enerxías alternativas, ítem que guiou tódolas actividades realizadas polos alumnos deste centro ao longo de todo o curso. Unha horta fresca, foguetes, cometas, xabóns ecolóxicos, perfumes, xoguetes, adornos e moitas cousas máis elaborados manualmente polos nenos e nenas deste centro son algunhas das cousas que os pais e nais puideron ver no festival de fin de curso, que rematou cunha comida e unhas tarde de convivencia e lecer nas instalación deste colexio