Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aberta a convocatoria para o Programa Diúrno de Balnearios de Nigrán.

Aberta a convocatoria para o Programa Diúrno de Balnearios de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
piscina-talaso-oia

A concellaría de Benestar Social do Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, organiza e convoca o Programa Diúrno de Balnearios. Este programa consiste en pasar cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús. Os usuarios deste programa poderán gozar dunha serie de servizos talles como, zonas de contracorriente, camas de burbullas, jets de masaxe, jacuzzi, sauna finlandesas, etc., durante unha media de 2 horas día.

 

O Programa Diúrno de Balnearios está dirixido a persoas maiores de 50 anos e pensionistas que acrediten a súa necesidade. Este programa está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán, sendo a cantidade a abonar polo usuario 61€. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 23 de xuño. Os interesados deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Nigrán os martes ou xoves solicitando cita previa no teléfono 986.365.00, ext. 4.