Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O IES Terra de Turonio despide o curso con baile e xogos tradicionais

Correo-e Imprimir PDF

Actuacion de breakdance no IES Terra de TuronioO Instituto Terra de Turonio de Gondomar despediu o curso cunha xornada de xogos tradicionais e un concerto musical. A xornada desenvolveuse no campo de fútbol de As Gaiandas que foi cedido polo Concello xunto coa montaxe do escenario.

A actividade cos xogos tradicionais estivo moi presente ao longo dos curso no propio instituto onde se imparte o ciclo profesional de actividades físico-deportivas no medio natural, ciclo que contempla o coñecemento dos xogos tradicionais e a súa práctica.

Son da Marisma, un festival lowcost made in Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Son da MarismaAs veces as cousas pequenas fanse grandes, pero o festival de músicas emerxentes  "Son da Marisma" son desas cousas que teñen toda a pinta de naceren grandes para converterse ainda en máis grandes.

Un proxecto concebido para marcar o fito de converterse nunca cita anual de obrigado paso para os amantes da música emerxente galega, pero dende unha perspectiva local; e coa Foz do Miñor como telón de fondo.

Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.

Correo-e Imprimir PDF

diaz castroA Real Academia Galega decide dedicar o Día das Letras 2014 ao poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo,1989).
Xosé María Díaz Castro  é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Na noite de San Xoán, A Fogueira dos Versos porá o broche final á tempada de actividades de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

00 Fogueira versos Cabeceira-300x191A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, cacharela e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Múrmel Bruxas co título de “Viaxe a Bipolarkus”. Será un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía.

Nace un novo proxecto dixital ao pé do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

portal vinciosA Comunidade de Montes de Vincios acaba de estrear o proxecto dixital Cartografías Sensibles (www.vincios.org). O novo portal ofrece a posibilidade de coñecer a través de cartografías, textos e multimedias o rico patrimonio cultural e natural que agocha a parroquia de Vincios, no concello de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL