Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nace un novo proxecto dixital ao pé do Galiñeiro.

Nace un novo proxecto dixital ao pé do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
portal vincios

A Comunidade de Montes de Vincios acaba de estrear o proxecto dixital Cartografías Sensibles (www.vincios.org). O novo portal ofrece a posibilidade de coñecer a través de cartografías, textos e multimedias o rico patrimonio cultural e natural que agocha a parroquia de Vincios, no concello de Gondomar.

"Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar" sinalan os seus fornecedores na presentación do web. 

Os contidos do sitio son o froito dun traballo de moitos meses desenvolvido por Joana Covelo Alonso e Iago Valverde Pérez, veciños da parroquia.