Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O museo de todos os galegos, en perigo

Correo-e Imprimir PDF

O agro - Museo do Pobo GalegoAMEGA (Asociación de Medios en Galego) da que forma parte valminor.info, apoia a campaña de procura de socios e socias do Museo do Pobo Galego, para manter viva unha das institucións máis importantes da cultura galega.

O museo precisa de 500 novas inscricións en 2013. 

Bo exemplo é o Museo do Pobo Galego para describir o estado da cultura galega. Síntomas de crise, síntomas de fame, nestes tempos nos que as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por unha visión da cultura como algo secundario. 
O Padroado do Museo, consciente de que os socios e socias constitúen a súa base social, considera preciso “reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo”.

Os clubs de lectura Sete Vidas e Lecturas Debuxadas celebran unha sesión especial conxunta arredor de “Cartas de inverno”

Correo-e Imprimir PDF

Portada do libro Cartas de invernoO martes 10 de decembro a Biblioteca Municipal de Gondomar acolle a partir das 20:00 h a primeira sesión conxunta dos dous clubs de lectura de adultos organizados por Espazo Lectura: o Sete Vidas (centrado na lectura de narrativa) e o Lecturas Debuxadas (centrado no cómic). Os libros propostos en ambos os clubs para este mes foron a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e mais a súa adaptación ao cómic que Antonio Seijas publicou recentemente.

O Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN grava o seu primeiro disco.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-do-brion-letras-gaNesta ponte de decembro o Coro Tradicional Cantares do Brión realiza a gravación do que será o seu primeiro disco comercial. Durante tres días ocuparán o salón de actos do Centro Cultural de Vincios, a súa casa, no lugar onde habitualmente ensaia esta agrupación.

Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

156-GuillufeMúsica, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns ao gañador desta edición Ramón Sandoval, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Territorio Estraños, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 23 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, será conducido por Marta Dacosta

Inauguración da mostra “ORBITANDO”, de Jesús Valmaseda na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

DIPTICO-O vindeiro venres 15 de novembro ás20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "ORBITANDO", de Jesús Valmaseda, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, Gondomar).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL