Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Expertos das tres universidades galegas desenvolverán o curso da UIMP no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Carlos Meixome Eladio FerroEste mércores foi presentado o curso "A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural" da Universidade Internacional Menéndez Pelayo aos medios de comunicación. O acto tivo lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, coa participación do director do IEM, Carlos Méixome e Eladio Ferro, os que salientaron a importancia de que por terceira vez teña lugar a celebración deste tipo de actividade formativa da UIMP, no Val Miñor.

Catro obras compiten como finalistas do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

vtxurado2013Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 33 orixinais aspirantes a conseguir o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Territorios estraños, Estar aquí, Deitado no colo do odio, Volvería ao frío. Na próxima semana darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego.

Correo-e Imprimir PDF

paco-louridoNo marco do centenario do ilustre intelectual galeguista, Francisco "Paco" del Riego, o Instituto de Estudos Miñoranos organizará un encontro en Lourido (Nigrán): "Na reivindicación do Lourido, na lembranza de Paco del Riego". O mesmo terá lugar o vindeiro venres 30 de agosto ás 20:30 horas xunto á placa que honra a del Riego, "Fillo adoptivo de Nigrán", na Área Loura.

Xeira do IEM á ex Colexiata de Santa María de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

tg carrusel centralA ex Colexiata de Baiona, un dos monumentos senlleiros da arquitectura relixiosa no Val Miñor será o destino da vindeira Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación O Sorriso de Daniel. A mesma terá lugar o vindeiro mércores 28 de agosto ás 18 horas, con punto de encontro no adro da igrexa. A guía estará a cargo da experta no Románico, Margarita Vázquez (O Sorriso de Daniel).

Visita ao Pazo de Barreiro e a súa contorna na parroquia de Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF

pazo-de-BarreiroO vindeiro mércores 21 de agosto o Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha Xeira polo "Pazo de Barreiro e a súa contorna". O punto de encontro será na sede do IEM (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) ás 18 horas. O guía da percorrida será o arquitecto Antonio Soliño Troncoso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL