Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Unha viaxe no tempo pola Serra do Galiñeiro e o curro de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

subida-al-galinheiroÉ un día soleado e abraia o refulxir das Gaias da Serra do Galiñeiro. José Quintas Núñez, cineasta afeccionado, achégase dende A Guarda e trepa por Vincios para capturar a paisaxe que ofrece nese ano de 1978 este espazo senlleiro do Val Miñor. Pola súa cámara van desfilando as canteiras de O Porriño, o Coto do Mediodía, para deterse no Coto da Zorra, onde por breves segundos pódese observar a caseta forestal. Trasládase ao punto xeodésico (A Botella) para enfocar a cámara outra vez ás Gaias e dende alí remata o paseo na aldea de Zamáns. A titulou "Subida al Galiñeiro"

Gondomar convoca a XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar para a mocidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

12-conde-gondomar-Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos
-Os traballos deberán ser remitidos antes do 23 de abril ás oficinas do Concello de Gondomar (Rexistro) ou ser entregados directamente no Rexistro
- A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, acaba de convocar un ano máis, o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.

Presentación do libro “Didáctica da Serra do Galiñeiro” de Pablo Casal

Correo-e Imprimir PDF

000O vindeiro xoves 13 de febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro, autoría de Pablo Casal Núñez. O acto celebrarase no Centro Cultural da Comunidade de Montes de Vincios (Vincios-Gondomar).

Presentación do poemario “Argola” de Marta Dacosta no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

presentacion-argola-2Argola,  o poemario da escritora Marta Dacosta, que acadou o I Premio de Poesía O Figurante será presentado o vindeiro venres 31de xaneiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas  (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), a partir das 20:30 horas.  Ademais da autora, contarase coa presenza da escritora Puri Ameixide e o director da seccións de Filoloxía e Literatura do IEM, o tamén escritor Miguel Anxo Mouriño.

A editora noiesa Toxosoutos, vén de sacar do prelo o libro de poemas “Refuxio” de Verónica Martínez Delgado

Correo-e Imprimir PDF

image002A editora noiesa Toxosoutos, vén de sacar do prelo o libro de poemas Refuxio de Verónica Martínez Delgado. Continuando cunha temática de xénero, Verónica Martínez afonda nas consecuencias da violencia, liberándose dos golpes aos poucos, coas feridas abertas aínda supurando, pero coa vontade necesaria para non sucumbir diante do silencio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL