Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gondomar convoca a XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar para a mocidade do Val Miñor.

Gondomar convoca a XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar para a mocidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
12-conde-gondomar

-Poderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos
-Os traballos deberán ser remitidos antes do 23 de abril ás oficinas do Concello de Gondomar (Rexistro) ou ser entregados directamente no Rexistro
- A concellaría de Educación, dirixida por Paula Bouzós, acaba de convocar un ano máis, o Certame Literario Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.


Nesta XII edición, establécense dúas modalidades, poesía e relato curto. Poderán concorrer todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos.
Os participantes poderán presentar, individualmente, unha única obra, por cada unha das modalidades, de tema libre que deberá remitirse, antes do día 23 de abril, á seguinte dirección: Oficinas Concello de Gondomar (Rexistro), Praza Doutor Latino Salgueiro s/n 36380 Gondomar. Tamén se poderán entregar directamente no Rexistro do Concello.
Concederanse dous premios por cada nivel, un por poesía e outro por relato curto:
• Nivel1: terceiro ciclo de educación primaria. Dous premios por valor de 150 euros.
• Nivel 2: 1º, 2º, e 3º da ESO Dous premios por valor de 200 euros.
• Nivel 3: 4º da ESO e Bacharelato. Dous premios por valor de 300 euros.
• Un premio por valor de 250 euros para o centro con maior participación e calidade.
Ademais o xurado poderá facer entrega dos accésits que considere oportunos, declarar deserto algún deles ou repartilo ex aequo entre dous autores.
Este certame que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Instituto de Estudos Miñoraos que vai na súa XIIª edición, ten por obxectivo potenciar a creatividade literaria da xuventude en lingua galega.
Todos os interesados que desexen maior información poderán consultar as bases na páxina web do Concello:www.concellodegondomar.info
As bases do concurso poden baixarse do seguinte enlace: Preme aquí.