Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Presentación do libro “Angrois. O AVE en anacos” do xornalista David Reinero no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

angroisO vindeiro xoves 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública&Meubook, 2014), autoría do recoñecido xornalista e colaborador do IEM,  David Reinero (Nigrán, 1979). Ademais do autor, contarse coa presenza de Manolo Barreiro (Fundación Praza Pública). Como é costume o acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo, Gondomar.

O equipo de rodaxe de “A praia dos afogados” visita as últimas localizacións en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

a-praia-dos-afogadosParte do equipo de rodaxe visitou en compañía do alcalde, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, algunhas das instalacións municipais que serán escenario da película "A praia dos afogados", baseada na novela homónima de Domingo Villar.
Entre os escenarios visitados figuran a lonxa e o Club Náutico de Panxón, as dependencias da antiga Policía Local, unha casa de mariñeiros en Patos, as praias de Area Fofa e A Madorra e o Faro de Monteferro. A rodaxe comezará o próximo 5 de maio, e prolongarase durante polo menos seis semanas.

Carne fresca. #DíaDaMuller

Correo-e Imprimir PDF

rexina vegaComo unha presa, como o albo sobre o que queren acertar todas as dianas, frecha que se crava, pica que perfora, pao, corda, fusil, ela como centro, como caza, ela, a súa oquidade, o que lle falta o que non é, ese buraco negro, esa supurante regaña que con gusto cegaría, ela como as bonecas de plástico, lisura e dureza indestrutible, pero non, ela ten fenda, creba, cavorco e hai tempo que os homes danzan ao seu redor, osmando, cheirando, encirrándoa coas ramas das súas mans. Como queren invadila, succionala, devorala! como unha peza de boa carne fresca, moi fresca, volteala e abrirlle as pernas, arrincarllas, deixar ao aire a súa supurante regaña negra e furar alí con pauciños miúdos, con tubos enferruxados, con tripas grosas, un anaco de carne, unha poza rosada, iso é o que ela é para todos eses homes cos que se cruza, ao carón dos que senta no autobús, ante os que se abaixa no pupitre, ante os que implora, como o pai. E imaxina a violencia, centos de faíscas vermellas, anaquiños de músculo desfeito, triturados filetes. Carne sobre carne.

Manuel Sendón afondará no eido da fotografía nunha nova TERTULIA do IEM

Correo-e Imprimir PDF

manuel sendonO vindeiro venres 7 de marzo ás 20:30 horas, o fotógrafo Manuel Sendón, será o convidado dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, Sendón fará un repaso pola súa traxectoria e abordará varios aspectos da actualidade no eido da fotografía. A presentación do faladoiro estará a cargo de Juan Chamorro (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

O escritor Manuel Janeiro presenta a súa novela “O sexo masculino dos anxos” en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

image003-O acto será presentado pola recoñecida autora de literatura xuvenil Lola Gándara, o vindeiro xoves 6 de marzo ás 20:30 horas na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13).

Os seguidores do afamado escritor e veciño de Gondomar, Manuel Janeiro terán a posibilidade de participar na presentación da súa novela O sexo masculino dos anxos, na que o autor estará acompañado pola  profesora e escritora Lola Gándara. Ademais da posibilidade de levar algún exemplar asinado, os lectores de Janeiro terán a oportunidade de coñecer de primeira man, detalles desta obra que dende o seu lanzamento conta coa boa acollida da crítica e aceptación do público.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL