Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

#Nigrán: Comeza a “Semana do Raku”, a técnica cerámica oriental que gaña adeptos na bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

rakuA Escola Municipal de Cerámica celebrará do 26 ao 30 de maio a vixésimo quinta edición da Semana do Raku en Nigrán, nas instalacións municipais da escola en Cotros. A escola transformarase entre as 17.00 e as 21.30 horas nun espazo de acceso libre denominado por moitos dos asistentes a anteriores edicións como un "happening cerámico".

Espazo Lectura prepara unha noite de acampada na Biblioteca con 30 cativos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

noite bibloUnha acampada entre libros pode soar raro. Non é así para os cativos de Gondomar que por sétimo ano consecutivo pasarán unha noite nela, iso si, moi ben acompañados. Ademais dos xogos e aventuras que proporán os dinamizadores da Asociación Espazo Lectura, o mago Carlos Coira lavaraos ao mundo máxico co seu espectáculo Abrapalabra! Este ano serán máis de 30 os nenos que cos seus pixamas e sacos de durmir se farán este sábado do primeiro andar da Casa da Cultura a partir das dez da noite. O domingo pola mañá, espertarán con xogos poéticos e tras almorzar volver cos seus pais. A Noite na Biblioteca forma parte do programa a prol do fomento da lectura que ao longo do ano desenvolve a Asociación Espazo Lectura, neste caso coa colaboración do Concello de Gondomar.

O festival PortAmérica adianta todos os detalles do evento que chega un ano máis a Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

portamerica-O festival que se celebrará os próximos días 17, 18 e 19 de xullo en Porto do Molle suma nomes como Vetusta Morla ou Love of Lesbian ao cartel da súa terceira edición.

-En 2013, xerou máis de 500 empregos directos e indirectos, ademais de contratar a 18 desempregados de Nigrán a través da bolsa de emprego municipal, lembra o alcalde Alberto Valverde.

-Os máis de 19.000 visitantes que rexistrou en 2013 sitúano como un dos eventos con maior transcendencia para a actividade económica local, dinamizando a hostalaría, a restauración e o comercio de Nigrán, sinalan dende a alcaldía.

Alumnos de primaria dialogaron co escritor Bieito Ledo Cabido no marco da mostra de libros antigos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

bieito-ledo-nigranMáis de 140 alumnos de 3º e 4º de primaria participaron este martes dun coloquio co escritor e editor Bieito Ledo Cabido. O encontro tivo lugar no marco da I Andaina Escolar Exposición de Libros Escolares Antigos, que organiza o Concello de Nigrán.

Inauguración da mostra “CINZAS” de Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

ramon-trigo-dipO día xoves 22 de maio ás 20:30 horas a Aula de Cultura Ponte de Rosas recibe unha nova mostra: “CINZAS” do artista Ramón Trigo. No acto contarase coa presenza do autor e unha presentación a cargo do músico Alfredo Dourado

Ramón Trigo (Vigo, 1965) alterna os seus traballos como ilustrador e autor de bandas deseñadas coa pintura e a escultura. A súa obra ten sido exposta en diversas galerías e espazos culturais así como obxecto de múltiples galardóns. Entre eles o l Premio Cómic da Deputación de Cuenca , o  Premio Álbum Ilustrador Cabildo de Gran Canaria(2007), o V Certame Internacional Albúm Infantil Ilustrado Cidade de Alicante e no 2012 o prestixioso Premio Lazarillo outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL