Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

“Do mar e outras lendas galegas”, mostra fotográfica de Juan Chamorro na sede do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

chamorroCando o pintor austríaco Eugene von Guerard achegaba ao espectador paisaxes que eran auténticas "postais a cor" da época, salvábanse así as limitacións propias dunha tecnoloxía, a fotografía, que lidaba aínda os seus primeiros pasos entre o fotogravado e o daquerrotipo en branco e negro.

O IEM convoca ao VII Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-taibo 2014O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 31 de xullo de 2014, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.

Pódense consultar as bases no arquivo adxunto

Os escolares do Val Miñor celebrarán o Día do Libro cunha xornada de música e contacontos en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

espazo-lecturaA Semana do Libro e a Lectura 2014 comezará este mércores, 23 de abril, Día do Libro, coa representación da obra Rosalía Pequeniña a cargo da cantante Uxía e mais unha sesión de contacontos  co equipo de voluntarios da Asociación Espazo Lectura. Máis de 350 escolares dos colexios do Val Miñor participarán en ambas as dúas actividades e compartirán un xantar de convivencia no Parque da Coelleira de Gondomar. Finalmente ás 18 horas terá lugar o espectáculo Para cantar e bailar baseado no libro-disco de Luís Prego.

Últimos días para presentar traballos á XII edición do Certame Literario Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarPoderán participar todos os autores de 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato que residan no Val Miñor e non superen os 20 anos. Os traballos deberán ser remitidos antes deste mércores, 23 de abril no Rexistro do Concello de Gondomar.

Espazo Lectura abre inscricións para participar da sesión de lectura pública o Día do Libro en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

00 Dar de ler CabeceiraXa está en marcha a sétima edición do Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas en voz alta para conmemorar o Día do Libro en Gondomar organizada pola Asociación Espazo Lectura. Este ano o acto terá lugar o venres 25 de abril entre as 20:00 e as 22:30 horas na Tapería Rural Ardora (San Sebastián, 4, Mañufe).

Como en ocasións anteriores preténdese reunir  arredor de 30 persoas nun espazo público para ler e escoitar, para compartir e recomendar as lecturas que nos gustan e celebrar así o Día do Libro lendo. A idade mínima para participar é de 14 anos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL