Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A obra do plástico miñorano Fernando Casás presente en tres mostras simultáneas.

Correo-e Imprimir PDF

fernando-casasA obra do miñorano Fernando Casás (Gondomar , 1946) percorre o mundo dende hai case medio século. Considerado un dos iniciadores do movemento Arte e Natureza, viviu e traballou entre o Brasil e Galicia. A súa obra de marcado carácter conceptual agora poderá ser visitada en tres mostras localizadas en tres cidades distintas da península: Huesca, Pontevedra e Vigo. Nese orden ábrense ao público as mostras “Arte e Natureza”, “En plenas facultades” e “Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento”.

Miles de persoas marchan polo galego

Correo-e Imprimir PDF
Manifestación de Queremos Galego en Santiago - GC17 de maio. Día das Letras Galegas,  pero tamén de reivindicación polo noso idioma. Iso fixeron miles de persoas nas principais cidades galegas con duras críticas á política que nesta materia aplica a Xunta.    'Un paso adiante e outro adiante, Galiza! Defendamos ou noso idioma'. Esa foi a pancarta de Queremos Galego que presidiu todas as marchas que saíron ao medio día e que contaron co apoio das forzas da oposición no Parlamento, así como de movementos sindicais e de diferentes colectivos culturais e estudantís.

Na procura de 30 rapaces de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Fai clic na imaxe para ampliar"Ando na procura de todos os rapaces que estamos nesta foto." Esta foi a mensaxe lanzada por Xaquín Gómez, un dos rapaces que aparece na foto. O obxetivo, reunirse 43 anos despois para facer a mesma foto no mesmo lugar, a antiga escola pública de Nigrán, un edificio que ainda segue en pé no barrio de Vilameán pero sobre o que cerne a piqueta do derrubo por parte do concello.

Adiante! con Díaz Castro. Espectáculo poético musical do IEM #LetrasGalegas2014

Correo-e Imprimir PDF

diaz-castro-webChega una nova conmemoración do Día das Letras , este ano cunha merecida homenaxe a Xosé María Díaz Castro, figura de referencia da poesía galega do século XX. Dende o Instituto de Estudos Miñoranos lembrarase ao escritor no marco do espectáculo poético-musical Adiante! con Díaz Castro a celebrarse o vindeiro domingo 18 de maio no Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” a partir das 19:30

Presentación no IEM do libro “A voz quebrada”, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo .

Correo-e Imprimir PDF

portada-a-voz-quebradaO vindeiro xoves 15 de maio ás 20:30 horas presentarase o libro A voz quebrada. Da Memoria histórica e o terror fascista, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar). A obra editada dentro da colección Letras da Groba, será presentada polo seu autor, Xosé María Álvarez Cáccamo e contará cunha intervención do historiador Carlos Méixome, director do IEM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL