Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

TERTULIA do IEM co empresario Rubén Brión

Correo-e Imprimir PDF

rubén briónEste venres 11 de abril ás 20:30 horas, o empresario Rubén Brión, director do complexo hostaleiro "Benboa", será a convidada dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, Brión compartirá a súa experiencia ao fronte deste proxecto que de forma pioneira combina os conceptos de cetaria, restaurante e mercado. A presentación do faladoiro estará a cargo do botánico Xosé Ramón García (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

A produtora do filme “A praia dos afogados” selecciona extras para o rodaxe en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

a-praia-dos-afogadosO Salón de Plenos municipal acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a selección de extras da película A praia dos afogados, cuxo rodaxe en Nigrán desenvolverase a partir do próximo 5 de maio, e durante seis semanas. A selección comezará ás 10.00 horas e prolongarase ata as 20.30 horas, cun parón dunha hora e media para comer, entre as 14.00 e as 15.30 horas.
A produtora busca persoas de todas as idades, principalmente maiores de 16 anos, que teñan ganas de pasar un ou varios días participando nun rodaxe. Para perfís específicos necesítanse homes e mulleres relacionados co mundo do mar, como mariñeiros, redeiras, etc, e mozas de entre 16 e 30 anos xogadoras de vóley. Ademais, para o rodaxe de diversas secuencias multitudinarias precisaranse un gran número de persoas de entre 16 a 80 anos.

Máis de 50 artesáns de toda Galicia daranse cita en Gondomar na II Feira Demostrativa de Oficios Artesáns

Correo-e Imprimir PDF

artesans-Terá lugar os días 5 e 6 de abril nunha carpa instalada na rúa Ángel Urzáiz
- De todas as mostras organizadas con motivo dos Días Europeos da Artesanía, esta será a máis grande de toda Galicia
Con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2014, a asociación "Mestura de Artesáns do Val Miñor" en colaboración coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica de Gondomar organizan a II Feira Demostrativa de Oficios Artesáns para os días 5 e 6 de abril. O evento desenvolverase nunha carpa instalada ao seu efecto na rúa Ángel Urzáiz.

O entroido de Belesar 2014 en 400 imaxes

Correo-e Imprimir PDF

Entroido Belesar 2014Valminor.info en colaboración co estudio fotográfico 1punto1 Fotografía publica un ano máis as imaxes do entroido de Belesar, celebrado o pasado mes de marzo. 400 imaxes que recollen a festa do entroido na parroquia baionesa, un dos entroidos máis auténticos do Val Miñor unha vez que un grupo de veciños recuperase unha tradición perdida na parroquia dende facía case unha década. Cada ano a súa convocatoria vai gañando en apoios e participantes que suman a este xeito especial de celebrar o entroido.

Cicloxénese “cultural” na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

cicloxenese-fotoA cultura é a plataforma escollida polos estudantes da Facultade de Filoloxía e Tradución para manifestar o súa desconformidade coas achegas á Educación fixadas nos Orzamentos do Estado 2014. Nese senso organizan un programa cargado de “pintura, teatro, música e poesía” que ao longo da vindeira semana tamén ficará en tribuna das súas reivindicacións.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL