Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Cicloxénese “cultural” na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Cicloxénese “cultural” na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
cicloxenese-foto

A cultura é a plataforma escollida polos estudantes da Facultade de Filoloxía e Tradución para manifestar o súa desconformidade coas achegas á Educación fixadas nos Orzamentos do Estado 2014. Nese senso organizan un programa cargado de “pintura, teatro, música e poesía” que ao longo da vindeira semana tamén ficará en tribuna das súas reivindicacións.

O luns 31 de marzo, presentarase a “cicloxénese” ás 12 horas na cafetería da facultade e terá lugar a inauguración da exposición "Lois Not Dead " de Emilio Cabezas. O acto coa presenza do propio artista e canda el, Leo Arremecaghona e Gonzalo Navaza.

O mércores 2 de abril, o teatro invadirá diferentes espazos da facultade coa interpretación simúltanea de Acción palabra pigmento de Lailarina Kenoesbailarina; De por que os nenos se suicidan por María Costa e Entre abaladas de Xandra Táboas.

O xoves 3 de abril, a cicloxénese tórnase poético-musical cas intervencións de Cintaadesiva

-grupo poético musical composto por Silvia Penas e Xesús Tejada- e Xenderal, o home máquina do beatbox ao ragga stye!