Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Ponte... Na Escena senta as bases dunha rede de intercambio entre compañías teatrais de Galicia, Brasil, Portugal e Francia

Correo-e Imprimir PDF

 MG 0078Tras catro días de convivencia e troco, os participantes da segunda edición do Festival de Teatro Ponte... Na Escena, pecharon durante a fin de semana varios acordos de colaboración para levar montaxes e artistas galegos a participar nos circuítos de Brasil, Portugal e Francia; ao tempo que en Galicia se abre para estes países un circuíto no que representar as súas montaxes. Quedou así establecida unha rede de intercambio entre as compañías que participaron nesta segunda edición do festival, cuxos membros se mostraron ilusionados pola existencia desta nova plataforma de troco cultural; e agradecidos pola acollida que se lles brindou desde a Asociación Ponte...Nas Ondas, o Concello de Gondomar e a Casa Colorida de Nigrán, onde estableceron a súa residencia artística.

O Festival Internacional de Teatro Ponte… Na Escena pecha o seu cartel coas compañías Goudu Theatre e Por volta de logo e Depois

Correo-e Imprimir PDF

Meran Vargens. Qualquer coisa a gente inventa no Catro Camiños - Imaxe Ollomol audiovisualNa súa última xornada o festival recibirá aos franceses Goudu Theatre e á compañía brasileira Por volta de Logo e Depois, coa aclamadísima peza “María sou eu” da arredor da ditadura en Brasil

A última xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte… Na Escena comezará este domingo ás 12.00 horas cunha representación dirixida ao público infantil.

Ponte...na escena - Entrevista a Santiago Veloso, presidente da asociación Ponte...nas ondas

Correo-e Imprimir PDF

Entrevista a Santiago Veloso - Imaxe Gondomar TVOs compañeiros de Gondomar TV entrevistan a Santiago Veloso, presidente da asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas Ondas!  que conxuntamente con Limiar Teatro, a concellería de Cultura de Gondomar, Fafe Cidade das Artes e rede Fora do Eixo Brasil, organizaron o segundo festival Internacional de teatro Ponte na...escena.

Aberto o prazo de preinscricións para acceso ó conservatorio elemental do Concello de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Auditorio Municipal, Lois Tobío A Concellaría de Educación de Gondomar  abre o prazo de preinscrición cara ás probas de acceso do conservatorio de música. A idade establecida é de  8 e 14 anos e se ofertarán estudos oficiais de guitarra, piano, violín, viola, clarinete ou saxofón. O prazo para a preinscrición vai do día 10 de maio ao 11 de xuño do 2014. Mais información no 986.389.283 ( en horario de tarde) ou no 986.369.746 (en horario de mañá).

A compañía brasileira Bocaccione centrará a segunda xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena

Correo-e Imprimir PDF

Boccaccione-Ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil,  no Auditorio Lois Tobío ás 12.00 horas; e outro destinado aos adultos, ás 22.30 horas

O II Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena continúa coa súa programación. Nesta ocasión será a compañía teatral Bocaccione, de  Ribeirao Preto (São Paulo), a encargada de amenizar a xornada de mañá venres. A compañía brasileira ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil e outro destinado aos adultos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL