Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A compañía brasileira Bocaccione centrará a segunda xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena

A compañía brasileira Bocaccione centrará a segunda xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena

Correo-e Imprimir PDF
Boccaccione

-Ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil,  no Auditorio Lois Tobío ás 12.00 horas; e outro destinado aos adultos, ás 22.30 horas

O II Festival Internacional de Teatro Ponte… na Escena continúa coa súa programación. Nesta ocasión será a compañía teatral Bocaccione, de  Ribeirao Preto (São Paulo), a encargada de amenizar a xornada de mañá venres. A compañía brasileira ofrecerá un espectáculo dirixido ao público infantil e outro destinado aos adultos.

O Jovem Teimoso Que Nao Queria Morrer

A peza, inspirada libremente na obra de Ricardo Azevedo con adaptación de Marcelo Ribeiro, conta a historia dun mozo viaxante que sabendo soamente o que non quería, toma unha decisión: decide partir polo mundo en busca do lugar onde ninguén morre. O mozo, que atopa na morte unha inxustiza, atoparase con conflitos e incertezas durante o seu traxecto, pasando por xogos e estratexias para atopar ese lugar. Como o tempo é vento que o leva todo, o mozo viaxante terá que tomar, entón, unha nova decisión, alterando esta historia.

A cita será ás 12.00 horas, no Auditorio Lois Tobío.

A Igreja do Diabo

Cansado de ser desorganizado, o Demo ten a idea de fundar unha Igrexa coa promesa do Paraíso na propia Terra. A súa relixión chega a todos os puntos do mundo e a súa previsión de que as virtudes caerían por terra, confírmase.

Pero, aos poucos, os homes van exercitando virtudes, e o tiro sálelle pola culata, pois para cada maldade realizada polos seus  adeptos, había unha bondade praticada. Furioso, o Demo vai falar con Deus,  que lle revela que: maior que calquera relixión é a contradición  humana.

A peza, dirixida por João Paulo Fernandes, representarase no Auditorio Lois Tobío ás 22.30 horas.