Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía “Ponte na Escena”, unha xanela para #Gondomar cara a un mercado de 300 millóns de consumidores.

“Ponte na Escena”, unha xanela para #Gondomar cara a un mercado de 300 millóns de consumidores.

Correo-e Imprimir PDF
LibroDesJuegasAlfonXAndCourt

Hai moitas formas de convivir co mundo. Gondomar está a acoller unha que pódelle abrir unha xanela co comunique cun mercado cultural con próximo a 300 millóns de consumidores espallados no planeta. É o espazo lusófono, unha xeografía humana que fala algunha das modalidades do galaico-portugués e que terá nesta vila do Val Miñor a súa capital teatral por catro días co festival Ponte na Escena. A parcería iniciada en 2013 coa Concellaría de Cultura local deu froitos e para este ano ademais de abranguer outros espazos do Val, achegará entre outras a Goudu Theatre, unha compañía de actores de Francia que pon en escena obras en galaico-portugués cun "sotaque" francés.

De xeito similar ao que sucede con outras comunidades lingüísticas, o galego-portugués presenta realidades diversas nas súas expresións escritas . Feito que por exemplo, demanda importantes esforzos á industria editorial galega para ingresar en mercados como o da veciña Portugal e o inmenso Brasil, segundo xa advertira a escritora e veciña de Gondomar, Rexina Vega nun artigo de 2005 publicado polo Centro Virtual Cervantes.
Sen embargo, o teatro presenta interesantes oportunidades, que aínda as diversas falas e "sotaques" a súa condición de arte que conxuga múltiples canles comunicativas, facilita compartir as obras nos distintos países e rexións que integran o espazo lusófono. E Gondomar xa asume como pioneiro nese desafío.