Mércores, 12 Maio. 2021

Actualizado07:14:33 AM GMT

Estás en Canais Axenda Carlos Blanco chega Só co seu monólogo a Gondomar

Carlos Blanco chega Só co seu monólogo a Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Blanco presenta o seu monólogo

Carlos Blanco dá a súa visión do Camiño de Santiago no monólogo “Só”, este venres 19 de novembro en Gondomar. O espectáculo enmárcase na programación cultural de outono da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. Será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío.

O actor e humorista galego Carlos Blanco actuará este venres 19 dentro da Mostra de Teatro e Maxia da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. O arousano porá en escena o seu monólogo “Só”, un conxunto de reflexións sobre o Camiño de Santiago e o Ano Santo co selo particular de Carlos Blanco. A función dará comezo ás 22.00 horas e as entradas, ao prezo de 3.5 euros, venderanse en taquilla unha hora antes.

A Mostra de Teatro e Maxia continuará o sábado co espectáculo de ilusionismo “Trío de Ases”. Esta programación desenvólvese en colaboración coa Agadic, da Xunta de Galicia.