Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A II edición do PONTE...NA ESCENA volve a Gondomar con máis días e novas propostas para todos os públicos

A II edición do PONTE...NA ESCENA volve a Gondomar con máis días e novas propostas para todos os públicos

Correo-e Imprimir PDF
Unha representación de

Hoxe presentouse oficialmente o cartel do II Festival Internacional de teatro en Gondomar onde participan 7 compañías de Galicia, Portugal, Brasil, e Francia

Ponte na escena, terá lugar entre o 8 e o 11  de maio en Gondomar.

As sete compañías de teatro procedentes de Brasil, Portugal, Francia e Galicia serán as protagonistas  de por en escea a segunda edición deste festival de teatro.

Unha ponte necesaria que ofrece ao espectador a posibilidade de asistir a diferentes propostas escénicas contadas nunha mesma lingua con sotaques diferentes. Un proxecto que une a proximidade cultural entre territorios que comparten unha expresión común.

Ponte…na escena, é o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se puxo en marcha en Galicia. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de aí o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro (Fran Núñez), membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde tempo atrás onde o ano pasado apuntaba a “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.

O custe das entradas é de  4 euros por espectáculo, ou un bono de 10 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día. O prezo da entrada para os máis pequenos é de 1 euro por espectáculo. 

O cartaz do festival.

Desde Galiza queremos dar a coñecer o proxecto de recuperación dunha das expresións do noso patrimonio inmaterial, Barriga Verde, proposta ambiciosa da “Asociación Morreu o demo”, coa execución de Viravolta títeres que terá unha presenza constante ao longo do festival coa exposición Onde foi Barriga Verde no Centro Neural, aberta ao público e ás visitas escolares.

Directamente de Sao Paulo (Brasil) chega Boccacione, con dous espectáculos, un para os máis pequenos, O JOVEM TEIMOSO QUE NAO QUERIA MORRER e unha representación dun clásico da literatura brasileira, Machado de Asís e A IGREJA DO DIABO.

Fafe cidade das artes, parceiros do festival, presentan o espectáculo de rúa, ZÉ DO PITO O MATA 7 baixo a dirección de Moncho Rodríguez.

E desde a Bahia, com Maren Vargens como directora, chega a compañía Toca de teatro, cunha recoñecida obra, AMNÉSIS. Maren Vargens realizará tamén unha intervención pública no bar Catro Camiños.

E da lusofonía francesa, desde París, Goudou Teâthre presenta ALMANAQUEM PARA UMA VIAGEM, unha metáfora da metamorfose da vida na procura das raíces.

E a música terá tamén neste festival unha proposta novedosa na Galiza, trátase da cantante JU que realizará unha intervención acompañada polo seu guitarrista. 

O festival tamén quere abrirse nesta edición ás persoas que aman e viven o teatro intensamente e para iso realizarase un encontro de todos os grupos con afeccionados e xente interesada en trocar experiencias.

Entre tanto, tendamos pontes entre as diversas expresións, deixemos que falen as narrativas de cada unha delas, viaxemos aos seus territorios e deixemos que no noso imaxinario se constrúan as pontes.

Colaboran nesta edición a Concellería de Cultura de Gondomar, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.