Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Os grupos portugueses poñen o peche ao Festival Internacional de Teatro en Gondomar

Os grupos portugueses poñen o peche ao Festival Internacional de Teatro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Labirinto de amor e morte

A segunda xornada do Festival Internacional de Teatro Ponte...na escena presentou no Auditorio Lois Tobío de Gondomar dúas montaxes brasileiras que tiveron como tema central a recreación do universo feminino e a complexidade das emocións de dúas mulleres singulares.

Abriu a xornada o grupo Farándula da actriz Fernanda Pimenta, de Rio de Janeiro, coa obra Quando se abrem os guarda chuvas. Unha intensa e sensible viaxe aos mundos dun personaxe cheo de tenrura e humanidade, cunha interpretación excepcional que chega a conmover ao espectador.

 

A segunda representación correu a cargo do Teatro do Andante, o grupo de Mina Gerais que traía a proposta de Olympia, unha muller que forma parte xa da historia do Brasil e que foi amiga de Rita Lee e Vinicius de Morais. Nun extraordinario traballo corporal e vocal, a actriz utiliza diversas técnicas do teatro contemporáneo, para transitar entre a narradora, o personaxe, a máscara e a propria actriz.

O Festival rendeu unha cálida homenaxe ao director teatral de orixe galega, Moncho Rodríguez, cunha longa traxectoria no Brasil e na actualidade director do proxecto Cidade das Artes. Moncho Rodríguez, que foi fundador do histórico grupo de teatro Artello de Vigo e que levou ao obra de Vidal Bolaño a Portugal e ao Brasil, agradeceu aos espectadores o respaldo a este primeiro festival intermacional PONTE...NA ESCENA e asegurou que é necesario consolidar estas pontes culturais entre Galicia, Portugal e Brasil.

Precisamente este domingo clausúrase o festival con dúas montaxes procendentes de Portugal.

  • Ás 20.00 hs. será a presentación do proxecto Fafe cidade das artes que respresentará a obra Labirinto de amor e morte.
  • Ás 22.00 hs. festival péchase co día adicado a Portugal, no auditorio Lois Tobío, co grupo Teatro do Invisível de Lisboa coa representación da obra A visita.

O prezo das entradas é de 4 € cun bono de 6 € para as dúas representacións.