Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

portAmérica 2014, máis fusión musical e gastronómica

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe durante a presentación en VigoO Festival PortAmérica Rías Baixas deeu a coñecer esta maña a súa programación musical e gastronómica para esta edición de 2014.
A gastronomía do "Co-cooking ShowRocking" acollará baixo o mesmo teito a cociñeiros consolidados xunto a promesas da gastronomía.

Desaparece outro medio en galego, Cadernos de Comunicación

Correo-e Imprimir PDF

cadernosnovoOs promotores deste dixital para a diáspora láianse da falta de apoios e da "deslealdade dalgúns medios dixitais do país" e a falta de apoios políticos.

A primeira moeda que roubou Pepa a Loba está en Xunqueira de Ambía.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0865O xeito de coleccionar obxectos cuxa natureza é “para mirar” e non para “usar” ou “comer” na clasificación clásica foi a semente dos gabinetes, cámaras, teatros ou museum que anexaban o complemento “das marabillas” ou “curiosidades”. Estes termos aludían a mobles acondicionados para exhibir as pezas, habitacións adobiadas con multitudes de “rarezas” e ata edificios completos destinados á custodia e divulgación destes amoreamentos que, dende a antigüidade até a chegada dos museos tal cal hoxe coñecemos, saciaban a curiosidade e fantasías dos públicos. Neste escenario transcorre O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alamparte (Xerais, 2014), novela dos irmáns Irene e Rodrigo Pérez Pintos con ilustracións de Ramón Trigo e fotografías de Manuel G. Vicente, Lucas Álvarez e mais José Araújo. Cos irmáns Pintos acompañados de Trigo e logo dunha presentación a cargo de Xosé Ramón García (IEM) compartimos un exquisito faladoiro o pasado venres na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

#Nigrán: A exposición de Libros Escolares Antigos pecha as súas portas con máis de 500 visitas

Correo-e Imprimir PDF

-Figuras como os escritores Bieito Ledo e Xosé Neira Vilas ofreceron ademais dúas concorridas charlas a escolares de Nigrán.
A I Andaina Escolar Exposición de Libros Escolares Antigos pechou onte as súas portas con máis de 500 visitas, "un éxito de afluencia sen precedentes que estamos convencidos repetirase nas próximas edicións", sinala o rexedor municipal Alberto Valverde.

Ramón Trigo: Cando arte e beleza xermolan dende as “CINZAS”

Correo-e Imprimir PDF

Debuxos 35x35cm Ramon TrigoToda a obra de Ramón Trigo ardeu a tres semanas da inauguración. Das súas cinzas está fornecida e titulada a mostra do plástico agora exposta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos en Gondomar. Unha colección de pinturas, debuxos e esculturas que falan do seu talante creativo na que se conxugan traballos que o azar salvou por estar fóra do lugar do lume e outras que son xermolo da triste experiencia.  “Cinzas”, así sen máis, quedou aberta ao público o pasado xoves 22 de maio nun acto no que o artista obsequiou aos asistentes cunha bolsiñas con restos do que non se puído ver, mais estivo alí.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL