Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Os títeres de Viravolta abrirán o telón do II Festival de teatro Ponte...na escena, en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Fotograma do documental, Morreu o Demo acabouse a peseta.Este xoves ábrese o telón do II Festival Internacional de Teatro Ponte...na escena, en Gondomar cunha xornada adicada aos máis pequenos.

A segunda edición deste Festival Internacional de Teatro conta con espectáculos chegados de Portugal, Francia e Brasil.

Peitieiros celebra o Día das Letras cun certame literario para os veciños de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros organiza un certame literario no que poderá participar calquera residente en Gondomar. Admitiranse textos en prosa ou verso, cunha extensión máxima de dúas páxinas (letra 12, interlineado 1.5) en lingua galega. O prazo de presentación remata o día 26 de maio de 2014.

A II edición do PONTE...NA ESCENA volve a Gondomar con máis días e novas propostas para todos os públicos

Correo-e Imprimir PDF

Unha representación de "A igreja do Diabo", da compañía brasileira Boccacione.Hoxe presentouse oficialmente o cartel do II Festival Internacional de teatro en Gondomar onde participan 7 compañías de Galicia, Portugal, Brasil, e Francia

Ponte na escena, terá lugar entre o 8 e o 11  de maio en Gondomar.

As sete compañías de teatro procedentes de Brasil, Portugal, Francia e Galicia serán as protagonistas  de por en escea a segunda edición deste festival de teatro.

Tripla programación para o sábado 26 na VII Semana do Libro e a Lectura de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

contomar-730x486A Biblioteca Municipal, o Auditorio Lois Tobío e mais a Casa da Lectura de Donas acollen os eventos para este sábado da VII Semana do Libro e a Lectura de Gondomar.

Diego Rey visita o Lendo contigo de Espazo Lectura

O club de lectura compartida en familia Lendo contigo recibirá este próximo sábado 26 de abril, ás 12 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, a visita do escritor e actor Diego Rey que irá falar de Xango, texto teatral dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos que conta a extraordinaria historia dun home engulido por unha táblet, das súas aventuras atrapado no seu interior, das posibilidades do mundo tecnolóxico e da amizade.

Durante a sesión, encadrada dentro da programación da VII Semana do Libro e a Lectura organizada por Espazo Lectura e coa colaboración co Concello de Gondomar, celebrarase tamén o Primeiro Concurso de Microteatro do Lendo contigo, onde sete parellas de nenos e nenas, futuros actores e actrices, representarán as microobras Mango, Fango (Lama), Fungo, Bingo, Frango, Tango e Longo. A duración de cada unha destas microobras non será superior aos 3 minutos e a caracterización e interpretación serán valoradas polo público asistente que poderá votar as súas parellas preferidas.

O Mercado de arte e viño en Sabarís na TVG

Correo-e Imprimir PDF

Entrevista á presidenta de COEMSAA peculiariedade do evento organizado por COEMSA é noticia hoxe no programa A Revista da TVG . Unha actividade que mestura exposicións, obradoiros e venda de pinturas e esculturas durante todo o fin de semán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL