Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Peitieiros celebra o Día das Letras cun certame literario para os veciños de #Gondomar.

Peitieiros celebra o Día das Letras cun certame literario para os veciños de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural e Recreativo de Peitieiros organiza un certame literario no que poderá participar calquera residente en Gondomar. Admitiranse textos en prosa ou verso, cunha extensión máxima de dúas páxinas (letra 12, interlineado 1.5) en lingua galega. O prazo de presentación remata o día 26 de maio de 2014.

As obras deberán presentarse sen nome do autor nun sobre pechado na caixa de correo do centro cultural no adro da igrexa de Peitieiros, acompañada doutro sobre dentro do cal estean o nome, idade, domicilio e teléfono do autor.

Par o premio establécense tres categorías, unha até os 12 anos, outra de 12 até 18 anos e finalmente outra  para maiores de 18 anos. Haberá un premio por cada categoría que estará dotado cun vale de librería por 50 euros.

O fallo do premio terá lugar o día 31 de maio no acto das Letras Galegas a celebrarse no CCR de Peitieiros en que os autores darán lectura á súa obra.