Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O equipo de rodaxe de “A praia dos afogados” visita as últimas localizacións en #Nigrán

O equipo de rodaxe de “A praia dos afogados” visita as últimas localizacións en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
a-praia-dos-afogados

Parte do equipo de rodaxe visitou en compañía do alcalde, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, algunhas das instalacións municipais que serán escenario da película "A praia dos afogados", baseada na novela homónima de Domingo Villar.
Entre os escenarios visitados figuran a lonxa e o Club Náutico de Panxón, as dependencias da antiga Policía Local, unha casa de mariñeiros en Patos, as praias de Area Fofa e A Madorra e o Faro de Monteferro. A rodaxe comezará o próximo 5 de maio, e prolongarase durante polo menos seis semanas.