Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro “Angrois. O AVE en anacos” do xornalista David Reinero no IEM.

Presentación do libro “Angrois. O AVE en anacos” do xornalista David Reinero no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
angrois

O vindeiro xoves 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública&Meubook, 2014), autoría do recoñecido xornalista e colaborador do IEM,  David Reinero (Nigrán, 1979). Ademais do autor, contarse coa presenza de Manolo Barreiro (Fundación Praza Pública). Como é costume o acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo, Gondomar.

David Reinero (Nigrán, 1979) é un dos xornalistas galegos con maior coñecemento do ámbito das infraestruturas. Na tarde do 24 de xullo de 2013 estivo ao pé das vías de Angrois, informando en primeira persoa do accidente do Alvia en Santiago para o diario El País. Case sete meses despois do accidente, continúa seguindo cada paso da instrución xudicial sobre o sinistro, do cal, "á espera do que determine o procedemento penal", xa é posible extraer certas conclusións. Algunhas delas, así como unha reflexión política e técnica do actual sistema ferroviario galego son o alicerce de Angrois. O AVE en anacos .