Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O escritor Manuel Janeiro presenta a súa novela “O sexo masculino dos anxos” en #Gondomar.

O escritor Manuel Janeiro presenta a súa novela “O sexo masculino dos anxos” en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
image003

-O acto será presentado pola recoñecida autora de literatura xuvenil Lola Gándara, o vindeiro xoves 6 de marzo ás 20:30 horas na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13).

Os seguidores do afamado escritor e veciño de Gondomar, Manuel Janeiro terán a posibilidade de participar na presentación da súa novela O sexo masculino dos anxos, na que o autor estará acompañado pola  profesora e escritora Lola Gándara. Ademais da posibilidade de levar algún exemplar asinado, os lectores de Janeiro terán a oportunidade de coñecer de primeira man, detalles desta obra que dende o seu lanzamento conta coa boa acollida da crítica e aceptación do público.

A novela sitúase no Madrid estudantil de finais dos ’70.

A novela sitúase nunha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, onde comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia.

Esta é a historia da nova novela de Manuel Janeiro, que se ocupa de dous amigos na xuventude e na madurez, “tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro”, segundo describe na súa presentación a Editorial Galaxia .

A traxectoria de Manuel Janeiro

Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos. Como poeta, publicou Primera edad ( Castrelos, 1977), Poemas sobreros (Sueltos de Poesía, 1989) e Ensayos para el habla (Cíes, 2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (Kalandraka, 2006) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos é a súa última obra en prosa.