Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Memorias da Canción Popular Galega: “En tempos de crise o vello non dá morto e o novo aínda non naceu”

Correo-e Imprimir PDF

De-voces-ceibes-a-milladoir-O músico Antón Seoane fará un percorrido pola historia do movemento popular da canción galega entre os anos 1973-1978 este venres no Instituto de Estudos Miñoranos.

O lustro 1973-1978 tamén era unha época de crise e sen mais a música trocou en discurso de liberdade. Anos nos que a cultura e sobre todo os militantes culturais polo cambio abrían fendas ao manto ditatorial que cubría o país por case catro décadas. O libro-disco De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega (1973-1978), do médico e músico afincado no Val Miñor, Antón Seoane, recolle as memorias deses tempos. Obra que será presentada este venres 24 de xaneiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar). O acto dará comezo ás 20:30 horas e contará coas intervencións do autor, unha presentación do director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome (autor do limiar do libro) e o pase dun documental polo que desfilan protagonistas da época.

Convocan o VII Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado

Correo-e Imprimir PDF

PCompostela2013-O prazo de recepción de traballos acaba o 7 de marzo e o fallo do xurado coñecerase a primeira quincena de abril
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.

Presentación do libro “Outra política para outros tempos”, de Xosé Luís Franco Grande no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

O avogado e escritor Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936) presentará o seu recente traballo editorial Outra política para outros tempos (Editorial Galaxia) o vindeiro xoves 16 de xaneiro, ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar). O acto contará coa presentación de Miguel Barros Puente, mestre, licenciado e doutor en ciencias políticas.

Nova faciana e máis servizos amosará o Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío”.

Correo-e Imprimir PDF

nova-faciana-lois-tobioTras unha década e media acollendo actividades culturais, o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar comezou nesta xornada a  maior remodelación da súa historia. Máis de 250 mil euros serán destinados a axeitar o edificio, ampliar a súa funcionalidade e cambiar a fachada. A obra, concedida a unha das cinco empresas locais que participaron da convocatoria prevé que o espazo  amose “acorde á programación que alberga e ao público que o visita. Sen dúbida daralle un novo encanto”, segundo expresa Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura de Gondomar.

O documental sobre a memoria dos nove de Baredo busca achegas para a súa recta final

Correo-e Imprimir PDF

Documental da Volta dos Nove

Despois do seu último longametraxe documental, sobre a relación da xente de Vilagarcía de Arousa co mar a través de cinco historias, a asociación O Faiado da Memoria do director gondomareño de nacemento, Antonio Caeiro, retoman a procura de financiación por medio do "crowdfunding" ou micro-achegas, para poder rematar o documental sobre "os nove de Baredo", un dos episodios máis cruentos da guerra de exterminio da posguerra.

O documental precisa do finanzamento para culminar a parte de postproducción de vídeo e audio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL