Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Mar Sánchez e Valentín García comprometense a traballar conxuntamente coa AMEGA

Correo-e Imprimir PDF

Reunion da Asociacion de Medios en Galego co Secretario de Politica LinguisticaA Asociación de Medios en Galego da que forma parte impulsora Valminor.info, abordou a situación do sector en sendas xuntanzas coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Medios.

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) comeza a dar pasos en firme para mellorar e regularizar a situación daqueles xornais, radios, televisións ou webs que apostan polo galego como vía de comunicación. Con este obxectivo varios membros deste colectivo entrevistaronse coa secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ambos os dous comprometeronse a traballar conxuntamente coa AMEGA para potenciar a situación dos medios en galego.

"Noite de Estrelas e Lobos" na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF

DSC03870 CustomContinúan as Xeiras 2013 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
Visitarase un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, darase caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa Serra da Groba. Cando pase o susto haberá tempo para que un membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- amose o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).

Inscricións abertas para un Curso de Creación Literaria no IEM coa escritora Elvira Riveiro.

Correo-e Imprimir PDF

Elvira Riveiro AELG-2O Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para interesados en participar dun Curso de Creación Literaria (poesía e prosa) que dirixirá a escritora Elvira Riveiro. O mesmo se desenvolverá en oito sesións os días xoves de 18:30 a 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, situada na Avenida da Feira, número 10, baixo (Gondomar).

Xeira do IEM pola parroquia de Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

peitieirosEste mércores 31de xullo terá lugar unha  nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos cunha visita guiada polas terras da parroquia gondomareña de Peitieiros. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas.

Ponte...nas ondas! rescata os oficios mariñeiros no concello de A Guarda.

Correo-e Imprimir PDF

tesouros-vivos-1
A Asociación Pedagóxica Ponte nas ondas! está a desenvolver un proxecto de recolla dos oficios vencellados á cultura mariñeira no concello de A Guarda. A iniciativa abrangue a posta en valor tanto dos aínda vixentes, como aqueles desaparecidos ou a piques de facelo por mor das transformacións que afectan o sector. O traballo enmárcase na figura dos Tesouros Vivos promovida pola UNESCO, na procura da salvagarda do patrimonio inmaterial da humanidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL