Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Noite de Estrelas e Lobos" na Serra da Groba

"Noite de Estrelas e Lobos" na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF
DSC03870 Custom

Continúan as Xeiras 2013 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
Visitarase un vello foxo de lobos e, coa axuda dos asistentes, darase caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa Serra da Groba. Cando pase o susto haberá tempo para que un membro da Asociación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- amose o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).

Dado que parte do percorrido será nocturno se recomenda levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
Detalles da Xeira
• Mércores , 7 de agosto de 2013
• Hora: 21,00
• Saída de Chan da Lagoa.
• Guías: Xilberte Manso (IEM) , Pablo Alemparte (A.A.R.B.), Xosé Lois Vilar (IEM)

Preme aquí para ver o mapa co punto de encontro

Preme aquí para descargar o folleto informativo da Xeira do IEM