Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Ruta polas minas de ouro da Serra da Groba da man dos especialistas do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

DSC 1097Este mércores 10 de xullo terá lugar a primeira Xeira do Verán 2013 organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, cunha visita guiada polas minas de ouro da Serra da Groba. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas. A ruta permitirá ollar unha explotación aurífera romana: Os Buracos dos Mouros, e outras máis. Os participantes poderán coñecer de primeira man a riqueza toponímica da serra, así como a biodiversidade que habita o enclave. Por certo, non fallarán referencias ás historias e lendas recollidas ao longo de séculos nestas terras do Miñor xunto coa contemplación das fermosas paisaxes da Groba e bisbarra que permiten os cumios da serra.

Grupo de voluntarios procederá á recuperación das baterías de artillería de Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF

bateria-monteferroA recentemente creada Asociación Defensa y Memoria del Patrimonio Histórico Militar Abandonado iniciará un proxecto de recuperación do conxunto de baterías de artillería situado na península de Monteferro. A primeira xornada de traballo levarase a cabo o vindeiro sábado 13 xullo de 3 a 9 da tarde nas instalacións. A organización convoca a participación de voluntarios para levar adiante a tarefa.

O Val Miñor acolle a 12ª tempada consecutiva das Xeiras divulgativas do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

as xeiras do iemSon tempos difíciles para esta institución que contra vento e marea teima en conservar e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da bisbarra miñorana polo mundo en diante. Nembargante, o impresionante pulo que  botou andar ao Instituto de Estudos Miñoranos, xa case tres lustros atrás, fai que a pesar de publicar esta tarde na súa web un berro urxente de solidariedade que permita seguir adiante a esta asociación sen ánimo de lucro, ao mesmo tempo lanza un convite para participar gratuitamente de nove paseos guiados polos seus especialistas, e de xeito totalmente gratuíto. É que resulta difícil imaxinar o Val Miñor sen o seu IEM.

Ignorancia ou vandalismo?

Correo-e Imprimir PDF

9405 265160506960168 782471255 nCon máis frecuencia da desexada atopámonos con agresións ao noso patrimonio cultural xa sexa arqueolóxico, etnográfico ou monumental. Tamén se dá o caso co patrimonio común do mobiliario urbano e o privado que podemos ver ao pasear por calquera das rúas e parques da nosa contorna, e o patrimonio natural leva a cotío agresións que resulta difícil entender nun mundo que chamamos civilizado.

Presentación do libro Lembranza da Tecedeira na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Correo-e Imprimir PDF

capa-lembranza-da-tecedeiriO Instituto de Estudos Miñoranos presenta o libro Lembranza da Tecedeira. Trátase dunha reprodución facsimilar do poema que Victoriano Taibo lle regalou, manuscrito con coidada caligrafía e presentación, ao seu amigo Juan Novás, e que finalmente pasou a incrementar os fondos da nosa institución grazas á xenerosidade de Antonio Valverde, a quen chegou a través dun fillo do agasallado. O facsímile vén acompañado por tres artigos de Antonio Valverde, Marta Dacosta e Miguel Anxo Mouriño, que, respectivamente, explica a historia do manuscrito, profunda no seu lirismo e valor simbólico e analiza o léxico empregado. E, tamén, por un cd que recolle o poema recitado por Anxo Angueira cun fondo musical composto para esta obra por Antón Seoane.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL