Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro Lembranza da Tecedeira na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Presentación do libro Lembranza da Tecedeira na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Correo-e Imprimir PDF
capa-lembranza-da-tecedeiri

O Instituto de Estudos Miñoranos presenta o libro Lembranza da Tecedeira. Trátase dunha reprodución facsimilar do poema que Victoriano Taibo lle regalou, manuscrito con coidada caligrafía e presentación, ao seu amigo Juan Novás, e que finalmente pasou a incrementar os fondos da nosa institución grazas á xenerosidade de Antonio Valverde, a quen chegou a través dun fillo do agasallado. O facsímile vén acompañado por tres artigos de Antonio Valverde, Marta Dacosta e Miguel Anxo Mouriño, que, respectivamente, explica a historia do manuscrito, profunda no seu lirismo e valor simbólico e analiza o léxico empregado. E, tamén, por un cd que recolle o poema recitado por Anxo Angueira cun fondo musical composto para esta obra por Antón Seoane.

En todos os actos relacionados con Taibo, e tamén na publicación deste opúsculo, tiveron singular importancia a filla e o xenro do poeta, Gloria Taibo e Miguel Rodríguez. Este último deixounos sorpresivamente hai poucos meses e o IEM quere que esta presentación lle sirva de merecida homenaxe, homenaxe que recollerá, sobre todo, a intervención de Armando Requeixo quen traballou intensamente con el na publicación dos poemarios, inéditos ata entón, Avicedeo e Cabrinfollas. Marta Dacosta falará sobre o poema e Anxo Angueira recitarao acompañado pola música de Antón Seoane.

Estarán presentes a viúva e os fillos de Miguel, Ildara, Rubén e Fuco.

Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas situada na avda da Feira nº 10, en Gondomar, este martes día 25, ás 20:30 horas.