Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Grupo de voluntarios procederá á recuperación das baterías de artillería de Monteferro.

Grupo de voluntarios procederá á recuperación das baterías de artillería de Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF
bateria-monteferro

A recentemente creada Asociación Defensa y Memoria del Patrimonio Histórico Militar Abandonado iniciará un proxecto de recuperación do conxunto de baterías de artillería situado na península de Monteferro. A primeira xornada de traballo levarase a cabo o vindeiro sábado 13 xullo de 3 a 9 da tarde nas instalacións. A organización convoca a participación de voluntarios para levar adiante a tarefa.

O enclave militar foi creado durante a guerra civil, en setembro de 1936 con dúas pezas de artillería Munaiz-Argüelles procedentes das baterías de Salgueira e Sudova, Ferrol. Un ano despois, en 1937 recibiuse unha terceira peza, tamén de orixe ferrolano pero traída dende a torre de Hércules.
A acción a emprender comprende a retirada de maleza e limpeza dos emprazamentos das pezas Munaiz-Argüelles . Unha vez completados os traballos poderase observar a verdadeira dimensión de cada asentamento, retornando o seu estado de limpeza o momento de baixa da batería, década dos anos sesenta.