Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

XX Festival Folclórico Internacional e Semana Cultural en Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-XX-Festival-Peitieiros celebra o XX Festival Folclórico Internacional o vindeiro 24 de agosto
-Para conmemorar os 20 anos do Festival organízase tamén unha semana cultural a partir deste domingo 18 de agosto.

Xeiras do IEM: Ruta por Monteferro

Correo-e Imprimir PDF

penisasEste mércores 14 de agosto de 2013, terá lugar unha ruta por Monteferro, no marco das Xeiras do verán organizadas polo Instituto de Estudos Mulirabis. O punto de encontro será no aparcamento de Patos, a carón da Residencia de Tempo Libre ás 18 horas. Coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar e o botánico Xosé Ramón García, percorrerase "un mar de nomes, muíños e petróglifos" localizados na devandita península do concello de Nigrán.

Inauguran en Baiona unha mostra sobre o Códice Calixtino que poderá visitarse ata setembro.

Correo-e Imprimir PDF

CalixtinoA sala de exposicións da Capitanía Marítima de Baiona acollerá durante todo este mes a mostra Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago, organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo e que nesta itinerancia contou coa colaboración da Fundación Catedral de Santiago, do Museo do Pobo Galego e mais do Concello de Baiona e o Ministerio de Fomento, a través da Capitanía Marítima.

Visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

xeiras-do-iem-tetonO vindeiro venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño). A actividade dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño, onde terá lugar un coloquio sobre petróglifos a cargo do subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.

Trinta e tres orixinais concorren ao VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF

orixinais-VTTrinta e tres obras participarán no 2013 da VI edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor Local de Morgadáns, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de trinta e tres obras. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL