Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Inauguran en Baiona unha mostra sobre o Códice Calixtino que poderá visitarse ata setembro.

Inauguran en Baiona unha mostra sobre o Códice Calixtino que poderá visitarse ata setembro.

Correo-e Imprimir PDF
Calixtino

A sala de exposicións da Capitanía Marítima de Baiona acollerá durante todo este mes a mostra Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago, organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo e que nesta itinerancia contou coa colaboración da Fundación Catedral de Santiago, do Museo do Pobo Galego e mais do Concello de Baiona e o Ministerio de Fomento, a través da Capitanía Marítima.

O Códice 
A exposición analiza a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e fai unha síntese da historia dos valores culturais da Ruta Xacobea. Na mostra pezas como unha reprodución do Códice Calixtino do século XII, un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI ou un facsímile da cruzo doada polo rei Afonso III en 874. A visión ampliada das miniaturas do Códice mestúrase cunha música ambiental que reproduce as notacións orixinais do libro.
Tamén hai un espazo para a contemporaneidade na exposición. O Códice pode verse en edición dixital. De igual modo, pode realizarse unha visita virtual á Catedral de Santiago a través do programa especificamente deseñado Libro de Pedra.
Ao tempo exponse o traballo dos fotógrafos Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach sobre a ruta, así como as láminas de Francisco Leiro que acompañan a primeira edición íntegra do Codex Calixtinus en galego.
Inauguración
A inauguración da mostra correu a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, quen resaltou o alto valor didáctico da mesma para coñecer de preto o culto e a cultura xacobea e para afondar na historia do Códice Calixtino e da Ruta Xacobea como elemento cultural e histórico. Á apertura da exposición asistiu tamén a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, así como o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.
O proxecto expositivo que ata o vindeiro día 1 de setembro se poderá visitar en Baiona, ten percorrido nos últimos meses cidades como Nápoles, Palermo ou Bari, así como Madrid, Pamplona, Málaga, Oviedo ou Valencia.