Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF
xeiras-do-iem-teton

O vindeiro venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño). A actividade dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño, onde terá lugar un coloquio sobre petróglifos a cargo do subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, o arqueólogo Xosé Lois Vilar.

Posteriormente os participantes poderán visitar o Monte Tetón, nun percorrido que rematará na estación "As Portaxes", na que se atopa o maior gravado de círculos concéntricos coñecido así como unha importante escolma de representacións esquemáticas e naturalistas.
A actividade está organizada polo IEM e o Concello de Tomiño.