Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Xeira do IEM pola parroquia de Peitieiros

Xeira do IEM pola parroquia de Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF
peitieiros

Este mércores 31de xullo terá lugar unha  nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos cunha visita guiada polas terras da parroquia gondomareña de Peitieiros. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira, Nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas.

No percorrido se poderá ollar unha serie de edificios de interese como os pazos de Troncoso, e o de Piñeiro, o conxunto de muíños hidráulicos da Serra, o conxunto arqueolóxico O Palame, así como diversas construcións relixiosas e puntos de interese ambiental. Os guías do percorrido serán os especialistas, Antonio Soliño Troncoso (arquitecto) e Alfredo López (biólogo).

Para participar da mesma só hai que estar no punto de encontro, con roupas e calzado cómodos e levar auga e algún alimento para repor forzas. 

O IEM lembra que para manter estas e as demais actividades precisa da colaboración e axuda, dos participantes. Para iso no punto de encontro contarase cunha mesa coas publicacións do instituto, uns xeitosos gorros para utilizar na xeira e fichas para facerse socio.