Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Visita ao Pazo de Barreiro e a súa contorna na parroquia de Vilaza.

Visita ao Pazo de Barreiro e a súa contorna na parroquia de Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF
pazo-de-Barreiro

O vindeiro mércores 21 de agosto o Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha Xeira polo "Pazo de Barreiro e a súa contorna". O punto de encontro será na sede do IEM (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) ás 18 horas. O guía da percorrida será o arquitecto Antonio Soliño Troncoso.

Se ben o motivo principal desta percorrida é o pazo barroco de Barreiro, en Vilaza, tamén se visitará parte do patrimonio construído de carácter relixioso e etnográfico e, á súa vez, para contemplar parte do patrimonio natural e histórico dunha parroquia cuxa primeira noticia coñecida da súa configuración territorial é de 1106. Nesa data, nunha escritura de doazón a favor de Pelagio Godareiz asinada pola raíña Dona Urraca e o marido desta, o conde Raimundo de Borgoña, queda recollido o deslinde de todo o seu territorio que, posteriormente, se verá sometido a, nalgún caso, substanciais modificacións.
Para participar da mesma só hai que estar no punto de encontro, con roupas e calzado cómodos e levar auga.