Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Inscricións abertas para un Curso de Creación Literaria no IEM coa escritora Elvira Riveiro.

Inscricións abertas para un Curso de Creación Literaria no IEM coa escritora Elvira Riveiro.

Correo-e Imprimir PDF
Elvira Riveiro AELG-2

O Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para interesados en participar dun Curso de Creación Literaria (poesía e prosa) que dirixirá a escritora Elvira Riveiro. O mesmo se desenvolverá en oito sesións os días xoves de 18:30 a 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, situada na Avenida da Feira, número 10, baixo (Gondomar).

A matrícula ten un custe de 20 euros, cun límite de 25 prazas, as que serán escollidas por rigoroso orden de inscrición. A data de inicio do curso está prevista para o vindeiro 19 de setembro. As persoas interesadas deben contactar co IEM, de luns a venres en horario de 18 a 22 horas, a través do teléfono 986 360 575 ou nas oficinas da Aula de Cultura Ponte de Rosas. Tamén está dispoñible o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Elvira Riveiro.

Mestra e licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, é membro das Redes Escarlata. Publicou nos libros colectivos Sempre MarCultura contra a Burla Negra, Os gozos e as sombras, 10+10 novas visións e Das sonorosas cordas,  15 poetas desde Galicia. Obtivo o primeiro premio no certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) en 2003 e unha mención especial no Faustino Rey Romero (Rianxo) no 2004. En 2011 gañou a sexta edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario Carnia Haikai.

Interesada na poesía visual e obxectual, colaborou co portal culturagalega cunha sección denominada Inventario Indócil.