Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do poemario “Argola” de Marta Dacosta no IEM.

Presentación do poemario “Argola” de Marta Dacosta no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
presentacion-argola-2

Argola,  o poemario da escritora Marta Dacosta, que acadou o I Premio de Poesía O Figurante será presentado o vindeiro venres 31de xaneiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas  (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), a partir das 20:30 horas.  Ademais da autora, contarase coa presenza da escritora Puri Ameixide e o director da seccións de Filoloxía e Literatura do IEM, o tamén escritor Miguel Anxo Mouriño.

O libro

Argola constrúese arredor dunha escrava atlántica no Imperio Romano, un espírito libre que unha  argola dourada intenta someter aos intereses do imperio, pero segue a soñar coa marabillosa natureza de auga e luz á beira das ondas duras e locuaces das praias que a viron nacer,  e arela virarse ninfa en loita contra as naves invasoras, idea que nos transporta á lenda dos Herminios nas Illas Cíes asoballados por César, pero tamén a tantas conquistas e tantas colonizacións nas que, sempre, hai unha argola dourada para desactivar potenciais resistencias.