Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro “Didáctica da Serra do Galiñeiro” de Pablo Casal

Presentación do libro “Didáctica da Serra do Galiñeiro” de Pablo Casal

Correo-e Imprimir PDF
000

O vindeiro xoves 13 de febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro, autoría de Pablo Casal Núñez. O acto celebrarase no Centro Cultural da Comunidade de Montes de Vincios (Vincios-Gondomar).


Didáctica da Serra do Galiñeiro pretende dar a coñecer as inmensas posibilidades que a Serra do Galiñeiro ten cara ao ocio activo e saudable. Especialmente dirixido ao eido educativo, a obra mais reviste gran interese para todas as persoas que desexen coñecer en profundidade os diversos espazos e a riqueza patrimonial localizados neste enclave. A publicación vén acompañada cun mapa da Serra do Galiñeiro elaborado no ano 2003 polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
O libro está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, e contou coa colaboración da Universidade de Vigo, o Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Vincios. A un custe de 13 euros, haberá exemplares á venta durante a súa presentación en Vincios, e nas librerías.
No acto de presentación, terá lugar un coloquio a cargo de Pablo Casal, quen estará acompañado polo alcalde Fernando Guitián (Gondomar) e representantes das entidades colaboradoras 
O autor, Pablo Casal Núñez, é licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña. Senderista e corredor de montaña, leva percorrendo dende hai máis de trinta anos diferentes espazos naturais. Colaborador dende o 2003 na organización das carreiras de orientación organizadas pola Universidade de Vigo e no Lago Castiñeiras; así como no "Proxecto Ríos" para os ríos do Miñor, nomeadamente no ámbito do río Zamáns. Membro do Instituto de Estudos Miñaros.