Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Expertos das tres universidades galegas desenvolverán o curso da UIMP no Val Miñor.

Expertos das tres universidades galegas desenvolverán o curso da UIMP no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Meixome Eladio Ferro

Este mércores foi presentado o curso "A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural" da Universidade Internacional Menéndez Pelayo aos medios de comunicación. O acto tivo lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, coa participación do director do IEM, Carlos Méixome e Eladio Ferro, os que salientaron a importancia de que por terceira vez teña lugar a celebración deste tipo de actividade formativa da UIMP, no Val Miñor.

Ambos os dous destacaron que o curso ademais de contar co prestixio e calidade que representa unha institución como a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, participarán expertos de recoñecida traxectoria sobre o tema, e profesores das tres universidades galegas.
O curso que está dirixido a comuneiros, propietarios, técnicos, profesionais, estudantes e público en xeral, achegará unha visión global das diversas facetas que integran a xestión do monte, destacando a posibilidade de asistir á presentación das últimas investigación na materia, e de diversas mesas de debate.
O curso terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, sede do Instituto de Estudos Miñoranos), en Gondomar.
Inscricións
Para inscribirse é necesario achegar un escrito ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , indicando: Nome e apelidos, DNI, enderezo, código postal, teléfono e estudos ou profesión.
O custe da matrícula é de 61,50 euros para as persoas que o fagan a través do Instituto de Estudos Miñoranos (este prezo equivale a un 50% do valor real da matrícula do curso estipulada en 163 euros). Posteriormente achegarase, por e-mail, o número de conta onde deben facer efectiva a matrícula.
Para contacto: 986360575, de luns a venres de 18 a 22 horas ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Bolsas
Tanto a Deputación de Pontevedra como a UIMP dispoñen dunha liña de bolsas para matrícula gratuíta ou redución da mesma. Estas axudas deben xestionarse ante estas institucións. Os prazos de solicitude das bolsas xa están abertos.
Créditos:
O curso está recoñecido cun crédito pola USC e a UVigo e dous pola U. da Coruña. Tendo tamén recoñecemento en diversos procesos de selección.

Temario:
O monte ao longo da historia: Evolución histórico-social, política e administrativa.
O monte como fonte de recursos renovables: a produción de bioenerxía
Posibilidades produtivas e sostibilidade: novos cultivos e explotacións
A produción de madeira de calidade unha asignatura pendente
Ordenación e xestión de montes como base do desenvolvemento rural
Liñas de investigación forestal actuais
Preme aquí para descargar o programa.