Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Catro obras compiten como finalistas do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Catro obras compiten como finalistas do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
vtxurado2013

Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 33 orixinais aspirantes a conseguir o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Territorios estraños, Estar aquí, Deitado no colo do odio, Volvería ao frío. Na próxima semana darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

O xurado do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, deliberou este martes 10 de setembro de 2013 e estivo integrado polos escritores Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Conchita Álvarez, Rexina Vega e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario.

A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente no transcurso da vindeira semana cando o xurado emita o seu veredicto final.