Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Gala cultural na VI entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
156-Guillufe

Música, teatro e poesía tecerán unha gala cultural que lle dará marco á entrega do VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns ao gañador desta edición Ramón Sandoval, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Territorio Estraños, que se presentará neste acto. A cerimonia terá lugar o vindeiro sábado 23 de novembro a partir das 19:30 horas, nas instalacións da Escola de Guillufe. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, será conducido por Marta Dacosta


Como é tradición, a banda de gaitas Balcón do Miñor abrirá o evento ao son da música tradicional. Posteriormente a escritora Elvira Riveiro fará unha breve disertación sobre Taibo e a súa vinculación con Rosalía de Castro. A continuación terá lugar un recital rosaliano a cargo de Dania D'Afonso e o grupo Bertorella escenificará o conto de Taibo "O Can de San Roque". Trala lectura da acta do xurado terá lugar a entrega dos premios e un breve recital do gañador desta edición, Ramón Sandoval.
Unha vez clausurado o acto, o público está convidado ao albaroque que terá lugar no soto do edificio, amenizado polo grupo Balcón do Miñor.