Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Inauguración da mostra “ORBITANDO”, de Jesús Valmaseda na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Inauguración da mostra “ORBITANDO”, de Jesús Valmaseda na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
DIPTICO

-O vindeiro venres 15 de novembro ás20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "ORBITANDO", de Jesús Valmaseda, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, Gondomar).

'ORBITANDO' fai referencia ao estado de inercia da sociedade global. A un deixarse ir circularmente á deriva,magnetizada -a sociedade- por unha situación hipnótica que ameaza co colapso.
Jesús Valmaseda fala dun orbitar arredor de nós mesmos, instalados na pasividade que xera a asunción da impotencia; e toma como elemento simbólico desa idea a cidade, xérmolo dun ente hipertrófico que ten o seu pleno desenvolvemento nas macro-cidades actuais, nas que el recoñece a imaxe perfecta da deriva cara a autodestrución.
A cidade como manifestación palmaria dunha ocupación invasiva, dunha concentración de artificios en continua expansión, na que toda proporcionalidade e relación equilibrada co medio desapareceu. A cidade como hóspede que agrede ao anfitrión e así se autoaniquila.
As mega-cidades como buratos negros que absorben toda a enerxía, que todo o devoran e devolven só refugallos en deposicións diarreicas, sen intervalo, sen tregua.
A cidade como paradigma de vulnerabilidade; expresión dramática dun organismo enteiramente dependente.
A cidade expandida que en suxestivas imaxes nocturnas de satélite semella o "lucerío" dunha verbena planetaria, unha festa popular que apuramos masivamente antes de que o corto-circuíto xeral anunciado poña o final definitivo.
Varias das pezas de escultura que presenta na sala de exposicións do Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar,son aglomeracións de pequenos elementos de madeira (o material principal, mais non o único) dispostos de xeito que suxiren fragmentos de espazos urbanizados een crecemento, presentados desde unha perspectiva aérea ou lonxana. Valmaseda alude a este aspecto dicindo que pretende suxerir a visión distante dun "deus"indolente, na que o demiurgo sería a Humanidade posuidora de amplos saberes e tecnoloxía; ateigada de coñecemento que, porén, máis que solucións, xera parálise.
Noutras obras emprega materiais como metacrilato e lousa, cartón e aceiro inox; ou tea asfáltica, metacrilato e luz asomando nun bidón para o lixo. E emprégaos tentando o diálogo ou a confrontación das cualidades estéticas, mais procurando, a través das relacións que van establecendo, a suxestión de sentido.
A exposición estará aberta desde o 15 de novembro de 2013 ata o 7 de febreiro de 2014, en horario de 19 a 22 h (luns a venres) na Aula e Cultura Ponte de Rosas. Avenida da Feira nº 10. Gondom